O punto de partida era un proxecto de reforma e ampliación da ETAP de Soto del Real cunha capacidade para o tratamento de 8.000 m³/d. A entidade local decide realizar un modificado deste proxecto para aumentar a capacidade de tratamento na medida do posible. Dende CUARTAZONA desenvolvemos un estudo de optimización aumentando en máis dun 50% a capacidade de producción de auga tratada, empregando as instalacións existentes.
O proxecto foi enteiramente desenvolto en BIM, dende as modificacións de estruturas ata a liña de auga e todos os servizos auxiliares. O resultado mostra un grao de detalle tal que permite incluso a elaboración en taller das pezas de calderería. Con un alto grao de complexidade, prazos axustados e prezo contido conseguimos atender os requisitos solicitados cun resultado óptimo.