Bim
Dende a representación conceptual ata a enxeñaría do detalle, facémolo todo con BIM.
Building Information Modeling
Os nosos proxectos son desenvolvidos de forma nativa en BIM. Isto significa que o proxecto nace e desenvólvese completamente en BIM, xerando toda a información gráfica e técnica necesaria para a execución da obra a partir deste modelo.
Algunhas das cousas que máis nos gusta desta forma de traballar son:
- A integración de cambios no proxecto, (+áxil, – erros).
- A xestión de fases de obra e elementos construtivos (información clara e ordenada).
- Integración coas bases de prezos (traballar con unidades en lugar de representacións).
Ademais, desde o noso punto de vista, esta forma de facer realza e pon en maior valor a figura do enxeñeiro proxectista.