A petición dunha construtora galega, realizouse a documentación técnica correspondente á licitación do Proxecto construtivo, execución das obras e posta en marcha da EDAR de Sinova (Soria).
Nesta documentación, ademais dos habituais apartados descritivos relacionados coa planificación dos traballos, a concepción xeral da obra ou os procedementos construtivos, redactáronse outros máis específicos , tales como: Revisión de procesos e cálculos hidráulicos, Análise e proposta dos equipos electromecánicos, Proposta de melloras, Planificación do deseño da automatización e control da EDAR, Plan de posta en marcha ou a Análise de riscos na execución da obra.
Co fin de aportarlle un valor engadido á documentación, empregouse a metodoloxía BIM: desenvolveuse un modelo construtivo que permitiu reproducir virtualmente a execución da obra e identificar as interferencias ou discrepancias do proxecto. Isto facilitou de xeito notable a detección de melloras, a planificación das medidas correctoras necesarias para afrontar os riscos analizados durante a execución das obras e mesmo a revisión de cálculos hidráulicos, especialmente na análise da liña piezométrica.