Supuxo para CUARTAZONA un reto traballar por primeira vez no continente americano. A través de empresas españolas, fíxose este acompañamento no que tivemos que realizar un proxecto básico dunha gran Planta de Tratamento de Auga Potable, empregando para o seu deseño as normas americanas (DGNTI-COPANIT 23-395-99 Agua potable). O resultado foi un proxecto que obtivo a maior puntuación técnica, con máis do dobre de puntos que o segundo clasificado.
