loader image

Calidade e Medio Ambiente

Para CUARTAZONA ENXEÑERÍA SL, empresa dedicada á Asistencia Técnica e Consultoría de Enxeñaría ambiental, obra civil e tratamento de augas residuais, a calidade e o respecto polo medio ambiente, son factores prioritarios e recoñecibles nos servizos que prestamos aos nosos clientes. Os principios da nosa política baséanse no respecto polos valores fundamentais da nosa empresa, a satisfacción do cliente e o compromiso de mellora continua nos nosos traballos e procesos de xestión de calidade e medio ambiente. A política de calidade e medio ambiente está establecida e xestionada pola Dirección Xeral da empresa, máximo órgano de xestión de CUARTAZONA SL.

 

LIÑAS XERAIS E PRINCIPIOS BÁSICOS DA POLÍTICA DE CALIDADE E MEDIO AMBIENTE

Valores fundamentais de CUARTAZONA

  • Independencia profesional.
  • Desenvolvemento da nosa actividade de maneira respectuosa e ética.
  • Promoción de actuacións responsables e sostibles no ámbito da nosa actividade.
  • Compromiso coa sustentabilidade dos nosos traballos e servizos de enxeñería.
  • Educación e formación continúa do noso persoal na calidade e excelencia no traballo.
  • Compromiso no cumprimento dos obxectivos dos nosos clientes.

En relación co servizo que prestamos:

  • Satisfacer as necesidades e expectativas dos nosos clientes cubrindo os seus obxectivos e desenvolvendo todos os nosos traballos coa máxima calidade.
  • Manter a confidencialidade nos nosos traballos e no manexo da documentación dos nosos clientes.
  • Flexibilidade e capacidade de adaptación aos sistemas de traballo e equipo humano dos nosos clientes.
  • O estudo e desenvolvemento de detalle, a análise con rigor profesional e a optimización enerxética como fin último primordial e marca de identidade da sustentabilidade dos nosos traballos e servizos de enxeñería.

O noso compromiso coa calidade e o medio ambiente:

  • Formar e implicar a cada traballador na xestión da calidade e o respecto polo medio ambiente.
  • Promover e implicar nos procedementos de calidade e medio ambiente aos distintos axentes que interveñen, directa ou indirectamente nos nosos traballos.
  • Establecer obxectivos de calidade e medio ambiente nos traballos aplicando criterios de actuación en función dos traballos e asegurando a súa xestión eficaz por seguimento.
  • Desenvolver os nosos deseños e traballos de enxeñería, considerando os aspectos ambientais de cada actividade, enfocados a unha explotación eficiente en materia de uso dos recursos enerxéticos, fomentando o emprego de enerxías renovables, o emprego de materiais respectuosos sostibles co medio ambiente e o uso eficiente da auga.
  • Protexer o medio ambiente e previr a contaminación directamente derivada do noso traballo asegurando a seguridade e benestar das persoas, reducindo a xeración de residuos e xestionando a súa eficiencia.
  • Cumprimento escrupuloso da lexislación, normativa vixente e os requisitos aplicables, así como outros compromisos subscritos pola empresa.
  • Revisar periodicamente o grao de eficacia do Sistema de Xestión, ao obxecto de detectar puntos débiles e poder adoptar as accións necesarias, para unha mellora continua das nosas actividades e do desempeño en materia de calidade e ambiental.
Scroll Up