A Fase I da nova EDAR de Rianxo tiña que se levar a cabo sen desmantelar a EDAR antiga. A parcela é moi axustada, polo que non caben todos os elementos na primeira Fase. En lugar de propor dúas medias plantas, con dous edificios de pretratamento, soplantes, deshidratación, etc. propóñense reactores que poden operar como decantadores. Ademais de conseguir unha EDAR completa na Fase I, como requiría o prego, elimínanse as ineficiencias de dúas medias plantas. Adicionalmente, conséguese maior versatilidade na explotación á hora de baleirar un reactor ou un decantador para mantemento.
