A petición dunha construtora galega, realizouse a documentación técnica correspondente á licitación da execución e posta en marcha do Sistema de Depuración e Reutilización de Augas Residuais do Oeste de Tenerife, en Guía de Isora (Tenerife).
Cabe salientar que a análise do proxecto complementouse coa metodoloxía BIM: desenvolveuse un modelo construtivo que permitiu reproducir virtualmente a execución da obra e identificar as interferencias ou discrepancias do proxecto, o que facilita a planificación das medidas correctoras necesarias para afrontar con éxito a execución das obras.
Esta metodoloxía de análise esixe un gran coñecemento do proxecto e un enorme esforzo de desenvolvemento que se traduce nunha profunda e detallada revisión dos elementos construtivos. Cada zapata, cada pasamuros, cada porta, etc. é analizado, repasado e representado no modelo, o que lle confire á documentación dun enorme valor engadido.