loader image
SISBAGAL
SISBAGAL
SISBAGAL

PROXECTO

SISBAGAL

Augas de Galicia encargou a CUARTAZONA a elaboración dun inventario de infraestruturas de saneamento de Galicia. Tomando como base a documentación dispoñible, toda a información debería ser validada con cada concello de Galicia. Aínda que non estaba previsto inicialmente, CUARTAZONA desenvolveu unha ferramenta web coa que todos os concellos tiñan acceso individualizado a un visor onde podían validar, anular ou crear as depuradoras do seu municipio, así como establecer as conexións entre as depuradoras e os núcleos de poboación.

Dende o noso punto de vista o mais grande indicador de éxito foi a resposta tan favorable das entidades locais na validación da información existente e a xeración de nova información. Os Concellos validaron máis de 2.400 EDAR e máis de 2.000 conexións. Ademais, rexistráronse na base de datos máis de 600 EDAR e máis de 6.000 conexións novas. De ter feito este traballo cun método tradicional, enviaríanse máis de 200 comunicacións cun promedio de 20 páxinas, dificultando a labor de todas as partes. Tratouse, por tanto, dunha solución innovadora que deu como resultado maior cantidade de información, de maior calidade e accesible.

Comparte este proxecto
Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram
Share on email
Scroll Up