Administrativa dende 2005, tiven a sorte de coñecer e coincidir ao longo de todos estes anos con grandes profesionais e compañeiros nunha multinacional de enxeñaría.
Ademais dos traballos propios do posto, formeime e especialiceime na preparación e elaboración de documentación para procesos de contratación pública.
Recentemente, incorporeime ao equipo de CUARTAZONA, onde espero seguir formándome e seguir realizando o meu traballo coa mesma motivación e ilusión coa que sempre afronto cada novo reto.