Enxeñeiro Ambiental da colleita de becarios do ano 2004. 20 anos de aprendizaxe no campo do medio ambiente en materia de residuos, enerxía e sobre todo augas.
Os primeiros 10 anos compartín pupitre na área de Medio Ambiente de unha grande multinacional de enxeñería, excelente lugar para coñecer e aprender de grandes persoas e grandes profesionais.
Agora imos un pouco mais alá e dende 2014 participo neste novo proxecto (CUARTAZONA) co único obxectivo de sentirme moi orgulloso do que fago.
– pss! pss!… case sempre o consigo!
Artesanía do futuro, traballos feitos a medida, con moito esmero e axustando os obxectivos á necesidade de cada cliente, así nos gusta ser! e se é posible dar mais do que se espera de nós. Sorprendemos a propios e extraños, ás veces ata nos sorprendemos nós mesmos ;DD