Enxeñeiro industrial con 3 anos de experiencia en proxectos ambientais de diferente índole, especialmente no referente ao tratamento e depuración das augas. Actualmente compoñente do equipo de asistencia técnica aos municipios galegos para a explotación das súas EDAR realizada dende o ente público Augas de Galicia. Tiven a oportunidade de participar en proxectos inovadores neste campo, ao lado dun equipo con dilatada experiencia, procurándome unha aprendizaxe continua.