loader image

Marcos González

‘Sen rumbo non hai vento favorable’ -Séneca.

Graduado en Enxeñaría Química dende 2022 e con Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos dende 2024, ambos na USC. Realicei prácticas no departamento de produción dunha empresa de fabricación de envases. No meu Traballo Fin de Máster colaborei cun grupo de investigación da ETSE no campo do tratamento de augas e recuperación de recursos mediante bacterias fotótrofas púrpura.

Cheguei a CUARTAZONA en setembro de 2023 e dende ese momento participo en encargos relacionados co ciclo integral da auga, de asistencia técnica á dirección de obras, inspección de instalacións en explotación ou dixitalización de sistemas de abastecemento e saneamento.

De CUARTAZONA valoro moito o talento, ilusión e versatilidade dos meus compañeiros, así como a filosofía da empresa por sorprender ao cliente, desenvolvendo solucións totalmente adaptadas e creativas que xeran un maior valor engadido. Formar parte deste equipo representa unha enorme oportunidade para participar nunha gran variedade de retos que supoñen unha aprendizaxe continua.

Scroll Up