Graduada en Ciencias Ambientais, con máster en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental pola Universidade da Coruña. Desde 2018, a miña experiencia profesional centrouse na área de medio ambiente, colaborando en diversos proxectos relacionados coa conservación, toma de mostras, saneamento e depuración. Durante este percorrido, tiven a sorte de aprender de profesionais de distintas disciplinas, o que me permitiu desenvolver unha formación amplia do sector.
Actualmente, formo parte dun equipo de traballo que comparte a mesma visión e compromiso coa protección do medio ambiente. Para min, contribuír á preservación da natureza é unha vocación, así como unha maneira de contribuír activamente á conservación do noso entorno.
