loader image

Lucas Storto

Non se cambia de cabalo na metade do río

Graduado en Enxeñaría Civil na Universidade de Buenos Aires, con 7 anos de experiencia na área da auga e saneamento na Arxentina, tanto en proxectos de enxeñaría como en investigación e desenvolvemento. Máster en Enxeñaría Ambiental da Universidade de Santiago de Compostela, como beneficiario do Programa Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2020 da Xunta de Galicia.
Especialízome no campo da modelización hidráulica/hidrológica de problemas que afectan o ciclo integral da auga, con soporte en plataformas SIX e códigos de programación. Desde 2021 aterrei en CUARTAZONA, un equipo multidisciplinario que me permitiu ampliar as miñas fronteiras (literalmente) e desenvolver a miña carreira nun ambiente propicio de intercambio de ideas.
Por sorte a auga no norte móvese igual, salvo a aceleración de Coriolis… 🚽

Scroll Up