Enxeñeira Química graduada pola Univesidade de Santiago de Compostela (2014), e con un máster en Enxeñaría Biolóxica e Ambiental pola Universitat Autònoma de Barcelona (2016).
A miña carreira profesional comezou no sector industrial, onde tiven un primeiro contacto coa operación e xestión dunha depuradora de augas residuais industriais. Continuando no sector da construcción, nunha empresa especialista en obra hidráulica, tiven a oportunidade de afondar en diferentes campos: en I+D+i coa realización de diferentes proxectos e operación e mantemento de plantas piloto en EDAR (Augas de Galicia), na dirección de proxectos hidráulicos, postas en marcha a nivel nacional e Internacional (EDAR e ETAP), asistencia técnica en varias EDARi do sector da xestión de residuos (SOGAMA) e como xefa de planta en tres EDAR de Augas de Galicia, de tratamento biolóxico e tratamento físico-químico.
Con máis de 8 anos de experiencia no sector hidráulico, comezo este ano 2025 unha nova etapa en CUARTAZONA.
