loader image

Adrián Quevedo

A auga é o sangue da natureza

Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, pola Universidade da Coruña (UDC). Máis de 14 anos de experiencia profesional no ámbito da enxeñería civil, incluído asistencias técnicas a obra, control e vixilancia, deseño e elaboración de proxectos construtivos. Sempre en continua aprendizaxe.

Nunha primeira etapa profesional en Santiago de Compostela, dende 2008, funme especializando paulatinamente no ámbito da hidráulica, abranguendo unha boa parte da xestión do ciclo integral da auga, dende unha óptica tanto técnica coma ambiental: hidroloxía e hidráulica fluvial (incluíndo deslindes de dominio público hidráulico, estudos de impacto e control dos riscos de inundación, etc.), tratamento de auga para abastecemento, redes de transporte e distribución de auga potable, redes de saneamento e drenaxe de augas pluviais urbanas, depuración de augas residuais e infraestruturas singulares de vertido. Algunha experiencia internacional en proxectos BID (Banco Interamericano de Desenvolvemento) como técnico especialista en hidroloxía, hidráulica e recursos hídricos para asesoramento en planificación urbana (México e Panamá), en proxectos de abastecemento para Aguas de Cartagena (ACUACAR, Colombia) e proxectos de saneamento para EPM (Empresas Públicas de Medellín). Nesta etapa distinguinme nos meus traballos como modelizador en simulacións numéricas de ríos, presas e embalses, redes de abastecemento (auga a presión) e redes de saneamento (auga en lámina libre) de aplicación para predicións ou deseños en proxectos construtivos.

Nunha segunda etapa profesional, en A Coruña, a partires de 2020, dei un pequeno xiro cara as enerxías renovables, pero coa auga sempre presente, levando a cabo deseños de centrais hidroeléctricas en pé de presa para o aproveitamento enerxético dos caudais ecolóxicos.

Moi interesado sempre na formación continua, na aprendizaxe e na innovación, comecei en 2023 a terceira etapa profesional en CUARTAZONA, volvendo en certo modo aos meus orixes laborais en Santiago de Compostela e retomando compañeiros de traballo da primeira etapa.

Scroll Up