Que?
Bosquexo e paleta de cor para unha caixa de bombóns de aproximadamente 70x70x70 mm. Debe incluír o texto: «Cuartazona deséxalles boas festas aos seus clientes e provedores» no frontal; e «cos bombóns de Mercedes Mora e a arte de xxx» na parte traseira.
Quen?
Cuartazona Ingeniería, unha empresa especializada en tratamento de Augas onde facemos as cousas dun xeito diferente; por exemplo, dixitalizando procesos tradicionais ou respectando aos nosos clientes, provedores, competencia e compañeiros por igual.
Por que?
Porque agasallar aos nosos clientes, provedores e familiares cuns bombóns e cos nosos mellores desexos estaba ben, pero non era suficiente. En 2020 ocorréusenos regalar unha peza de arte efémero: o deseño da propia caixa.
Porque coñecemos as nosas limitacións, e sempre contratamos os servizos de ilustradores profesionais. Poñemos dous exemplos (@laratorresilustra e @celsiuspictor):
Como?
Como máis che guste. Emprega o teu estilo. Arrisca. Coma se fose un proxecto persoal. Non ten que ter relación co nadal, nin coa enxeñaría, nin coa auga… bueno, estaría ben que aparecera unha nasa*.
Canto?
1º premio — Levar o proxecto ás artes finais + 450€
2º premio — 100 €
3º premio — 50€
Cando?
A data límite de envío dos bosquexos é o 31 de xullo de 2024.
Bases
- Para solicitar a inscrición é necesario enviar un correo electrónico a cuartazona@cuartazona.es co asunto «Concurso 2024».
- Facilitaremos un modelo cas liñas de corte da caixa.
- As propostas non deben incluír temas políticos nin reivindicacións. O obxectivo do concurso é a arte pola arte. Como un fin en si mesmo.
- *Non incluír unha nasa (de pesca) no deseño non é excluínte.
- Valoraremos os bosquexos recibidos e as paletas de cores entre os compañeiros.
- Valorarase o porfolio do participante se decide presentalo ou facer referencia a traballos concretos do mesmo.
- O primeiro premio implica levar o desenvolvemento ás artes finais, de xeito que sexa executable na imprenta. Sempre traballamos coa mesma, pola súa profesionalidade, polo que non será unha fonte de problemas, ao contrario.
- O primeiro premio ten vencellado un pago inicial de 150€ tras as votacións e de 300€ trala impresión das caixas.
- O pago do segundo e terceiro premios realizarase ao 100% tras as votacións.
- Os bosquexos e os nomes dos premiados quedarán na seguinte páxina web https://www.cuartazona.es/concurso-de-ilustracion-2024/
- Estímase rematar as votacións a mediados de agosto, en todo caso, a data límite establécese no 31 de agosto de 2024.
- Contemplarase a modificación do bosquexo gañador, con propostas de Cuartazona e do/a ilustrador/a, antes de continuar co desenvolvemento do proxecto.
- A data límite de envío das artes finais é o 30 de novembro de 2024.
- Estímase rematar a impresión das caixas a mediados de decembro. En todo caso, o pago do restante do primeiro premio (300€) realizarase antes do 31 de decembro de 2024.
- No improbable caso de que ningún dos bosquexos recibidos acadase un mínimo de calidade, declararase o primeiro premio como deserto e outorgarase o segundo e terceiro premio.
- No improbable caso de que as artes finais do primeiro premio non acadaran o mínimo de calidade, non se imprimirán e tampouco se realizará o pago de 300€. Nótese que esta é unha situación totalmente indesexable para Cuartazona.
- O primeiro premio cederá a Cuartazona Ingeniería os dereitos de utilización e reprodución do deseño definitivo e de todas as ilustracións aceptadas por tempo indefinido dentro do contexto para o que foron creadas, así como para outros soportes derivados de dito contexto.
- Estas bases quedarán colgadas en https://www.cuartazona.es/concurso-de-ilustracion-2024 ata a finalización do concurso, onde quedarán os bosquexos do primeiro, segundo e terceiro premio. Se houbese algunha modificación, quedará aí reflectida. A actualización será remitida a todos os participantes inscritos.