Enxeñeira Química dende 2020, co Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos pola USC e experiencia de prácticas nunha empresa dedicada á regasificación e transporte de gas natural e nunha industria da madeira da contorna galega, na que desenvolvín a investigación obxecto do meu Traballo Fin de Máster.
Dende a finalización do máster en febreiro do 2022, formo parte do equipo de Cuartazona Ingeniería, levando a cabo traballos de diferente índole, relacionados co ciclo integral da auga. Ata o momento estes consistiron na redación de proxectos de saneamento e depuración, así como Estudos de Alternativas de tratamento de efluentes de diferente tipo. Diariamente, afrontamos con ilusión a acollida de novos traballos e retos que permitan evolucionar, como consecuencia da aprendizaxe e formación continuos en novas metodoloxías de traballo e software específico.