loader image

Javi López

Nunca choveu que non aliviara!

Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos, Máster en Enxeñaría Ambiental. Especialista en hidráulica, auga potable e saneamento, estruturas, BIM, programación. Experiencia en redacción de proxectos e plans en empresa multinacional de enxeñería. Experiencia como Xefe de Obra de ETAP en internacional (Costa de Marfil). Experiencia como responsable de postas en marcha e explotación de ETAP e EDAR. Desempeñando actualmente función de asistencia técnica para a administración pública en materia de saneamento, redacción de proxectos de obras hidráulicas e medio ambiente.

Desde 2018 formo parte de Cuartazona Ingeniería, onde dedicamos o 100% do noso esforzo e entusiasmo á nosa labor, buscando sempre dar un paso máis en materia de calidade co obxectivo de sobrepasar as expectativas do cliente. Aproveitando a nosa diversa experiencia e o noso lado máis friki, intentamos dar outra volta do parafuso ao traballo realizado, adiantándonos aos problemas e aplicando metodoloxías innovadoras para alcanzar solucións prácticas reais.

Scroll Up